miércoles, 28 de mayo de 2014

Cortos sobre a atmosfera en stopmotion

Na materia de Ciencias Naturais de 1ºESO traballamos algúns contidos de meteoroloxía na unidade didáctica da atmosfera. Este ano fixemolo dun xeito un pouco diferente. Repartimos por grupos os diferentes apartados da UD, cada un deles elaborou a información de xeito que se puidera plasmar nunha película, despois instalamos os programas de stopmotion, algúns en PC con webcam e outros en móbiles do alumnado, logo preparamos o material necesario con materiais diversos (cartolinas, algodón, ceras, area, ...) e finalmente gravamos as escenas de cada un dos grupos.



Aquí podedes ver un par de mostras do traballo feito:
-. Anticiclón
-. Efecto invernadoiro

                          
                          

No hay comentarios:

Publicar un comentario