PROCESO DE CONSTRUCIÓN DO GLOBO
1. Comezamos copiando e cortando os oito cuarteiróns que conforman o globo no papel kraft.
2. O seguinte paso foi a decoración de cada un destes cuarteiróns de papel con rotuladores e ceras de cores.
3. Uníronse os cuarteiróns con cinta de carroceiro e construíuse o aro que forma a boca do globo con vimbio unido tamén con cinta de carroceiro. A cesta onde se produce a combustión do papel que quenta o aire elaborouse con rede metálica e uniuse ao aro da boca con arame metálico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario