viernes, 30 de mayo de 2014

Semana do 26 ao 30 de maio de 2014

Esta semana tivemos de novo néboas e nubes. Parece que non da chegado o verán, pero cada vez está mais preto.
Deixamos aquí algunha das fotos da semana e o resto, coma sempre, podedes velas facendo click AQUI



Vídeo con refranoloxía

Os alumnos de 3ºPDC fixeron está presentación con refrán relacionados coa meteoroloxía e fotos do concello

miércoles, 28 de mayo de 2014

Prácticas de laboratorio making off

Os alumnos de 4º da ESO simularon a través dun experimento no laboratorio de Química cómo se forman unha  nube mediante o cambio de presión.
O experimento é sinxelo pero axuda a comprender perfectamente cal é o proceso de formación de dita nube.
 Aqui mostramos o vídeo do proceso de formación de nubes en laboratorio.



 Enriba podedes ver unha práctica que demostra o que lle ocorre a unha lata cando está sometida a unha diferenza de presión. A explicación poderedes coñecela nuns días



Difusión das prácticas de laboratorio entre os compañeiros

As alumnas de 4ºESO expoñen as súas prácticas ante os seus compañeiros de 1º bacharelato. Chegamos á conclusión de que necesitamos mellorar a técnica de introducir a lata na auga, dada a dificultade que o manexo das pinzas supuxo. Sen embargo, o fundamento da práctica quedou ben claro, posto que todos entenderon ben como inflúe a diferenza de presión sobre os corpos.






E  ademais disfrutaron moito coa experiencia.

Cortos sobre a atmosfera en stopmotion

Na materia de Ciencias Naturais de 1ºESO traballamos algúns contidos de meteoroloxía na unidade didáctica da atmosfera. Este ano fixemolo dun xeito un pouco diferente. Repartimos por grupos os diferentes apartados da UD, cada un deles elaborou a información de xeito que se puidera plasmar nunha película, despois instalamos os programas de stopmotion, algúns en PC con webcam e outros en móbiles do alumnado, logo preparamos o material necesario con materiais diversos (cartolinas, algodón, ceras, area, ...) e finalmente gravamos as escenas de cada un dos grupos.



Aquí podedes ver un par de mostras do traballo feito:
-. Anticiclón
-. Efecto invernadoiro

                          
                          

viernes, 23 de mayo de 2014

Semana do 19 ao 23 de maio de 2014

Esta semana parece que volvimos ao inverno, a pesar de estar xa cerca do verán. As prediccións dos nosos compañeiros foron bastante acertadas. Aquí tedes unha mostra do ceo desta semana. E coma sempre podedes ver todas as fotos facendo click AQUI



lunes, 19 de mayo de 2014

Película con curiosidades meteorolóxicas


Xincana meteorolóxica

Xogando. Así é como os alumnos e alumnas de 1º da ESO aprenderon meteoroloxía este curso. O xogo consistía en organizarse por grupos e cada grupo tiña que respostar a un test con preguntas sobre meteoroloxía. As respostas estaban agochadas nos paneis da exposición EXPOMETEORO e gañaba o equipo que obtiña o maior número de respostas correctas no menor tempo posible.




viernes, 16 de mayo de 2014

Semana do 12 ao 16 de maio de 2014

Esta semana fixo calor. Fixemos as fotos do día 12 ata o día 16 sen faltar ningún. Por fin notamos a calor!! Podedes ver tods as fotos facendo clicl



miércoles, 14 de mayo de 2014

Libro de curiosidades meterolóxicas

Sabiades que existe a neve rosa? E onde caeu a sarabia máis pesada? Que parte do globo ten o clima máis frío? Os alumnos de 3ºPDC fixeron con cartolina este libro cos fenómenos meteorolóxicos que máis lles chamaron  á atención. Nel podedes encontrar esta e moita máis información que vos sorprenderá.
Os alumnos de 3ºPDC fixeron este libro cos fenómenos meteorolóxicos que máis lles chamaron  á atención





 O ciclo da auga






viernes, 9 de mayo de 2014

Semana do 5 ao 9 de maio de 2014

Esta semana fixo bo tempo.Non choveu e fixo calor. Xa se nota a chegada  da primavera. Nesta semana fáltannos as fotos do día 7 que non poidemos facer porque estivemos en Lugo no Correlingua.Podedes ver todsa as fotos facendo click AQUI



lunes, 5 de mayo de 2014

Fotos da semana do 28 ao 30 de abril de 2014

Volvemos a ter semana corta, por mor da ponte do 1 de maio. Aquí están as nosas fotos no que o ceo aínda non é azul a pesar de que a primavera xa chegou.
 Podedes ver todas as fotos facendo click AQUÍ