viernes, 28 de febrero de 2014

Ceo da semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014

Nova semana e de novo un día de neve no que non puidemos ir ao Instituto,por iso non hai foto do ceo do día 26 febreiro e tampouco prediccón. O resto dos días podedes velos facendo click AQUI

martes, 25 de febrero de 2014

Fotos do ceo do 17 ao 20 de febreiro de 2014

Esta semana temos menos fotos. Un dos días en evz de facer fotos saliu un vídeo, e o xoves 19 houbo folga de estudantes, polo que tampouco hai fotos.
O resto están todas aquí. As prediccións foron bastante acertadas.





Prezi: Explicación do noso globo aerostático

As nosasa alumnas de 4ºEso fixeron está entretida explicación do principio de Arquímedes aplicado ó ascenso do globo de Betanzos, que previamente construíron e decoraron. Se queredes velo pinchade aqui.


viernes, 21 de febrero de 2014

HAPPY VALENTINE'S DAY WITH OUR WEATHER SAYINGS!!

 Na nosa semana do San Valentín, o Fontem Albei tamén andou á procura de ditos relacionados co tempo que nos acompaña.Fermosos uns, suxerintes outros...todos interesantes para que recordedes...


KEEP CALM !!

Non vos poñades nerviosos...relaaaax!!


viernes, 14 de febrero de 2014

Ceo da semana do 11 ao 14 de febreiro de 2014

Esta semana o luns volvemos a perder clase por mor da neve. Os transportes non puideron pasar.
O resto da semana tivemos de todo:Chuvia, neve, néboa, e o venres moitísimo vento,tnato que ata se marchaba a luz. É unha pena que nas fotos non se poda ver o vento!
Se queredes ver todas as fotos facede click AQUI



martes, 11 de febrero de 2014

ExpoMeteoro

Durante toda a seman apsada tivemos na entrada do Instituto a exposición de Expometeoro.
Os paneis informativos axudáronnos a comprender un pouco mais a terminoloxía da metereoloxía e o por qué dos fenómenos metereolóxicos.
Tamén hai que dicir que os profes axudaron un pouquiño coas suas explicacións e as visitas guiadas á exposición.





viernes, 7 de febrero de 2014

Ceo da semana do 3 ao 7 de febreiro de 2014

Esta semana o luns 3 de febreiro non tivemos clase por culpa da neve, así que só temos fotos a partir do martes. COmo sempre para ver todas as fotos podedes faacer click AQUI