viernes, 20 de diciembre de 2013

O globo de Betanzos na Fonsagrada

METEOFONTEM
Os alumnos da ESO, baixo a supervisión da profesora de Educación Plástica, construíron e decoraron un globo aerostático seguindo as directrices de Jesús Ares, profesor de Xeografía e Historia, que coñecía ben do tema por estar involucrado na fabricación do globo de Betanzos por motivos familiares.
Na fabricación do globo participaron case a totalidade dos alumnos da ESO, os cales se dirixían voluntariamente cara á aula de Educación Plásticas nas horas de recreo ou cando tiñan algún momento libre. Paga a pena dicir que o alumnado mostrou un grande interese pola tarefa, que aínda que lles levou uns meses terminala, foi rematada con éxito. E por fin chegou o día de facer voar o globo. Foi un momento moi emocionante, e ademais puidemos recuperalo.
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI





No hay comentarios:

Publicar un comentario