viernes, 20 de diciembre de 2013

O globo de Betanzos na Fonsagrada

METEOFONTEM
Os alumnos da ESO, baixo a supervisión da profesora de Educación Plástica, construíron e decoraron un globo aerostático seguindo as directrices de Jesús Ares, profesor de Xeografía e Historia, que coñecía ben do tema por estar involucrado na fabricación do globo de Betanzos por motivos familiares.
Na fabricación do globo participaron case a totalidade dos alumnos da ESO, os cales se dirixían voluntariamente cara á aula de Educación Plásticas nas horas de recreo ou cando tiñan algún momento libre. Paga a pena dicir que o alumnado mostrou un grande interese pola tarefa, que aínda que lles levou uns meses terminala, foi rematada con éxito. E por fin chegou o día de facer voar o globo. Foi un momento moi emocionante, e ademais puidemos recuperalo.
Se queredes ver todas as fotos podedes facer click AQUI





Felicitación de Nadal

Na asignaura de Ed. Plástica e Visual os alumnos atrevéronse a facer unha felicitación de Nadal en stop motion. E como non podía ser doutro xeito, a neve, fenómeno climatolóxico moi presente no inverno fonsagradino, é o fío conductor desta orixinal felicitación navideña.
Botádelle unha ollada e...Bo Nadal!



O globo de Betanzos. Construcción dun globo aerostático.




PROCESO DE CONSTRUCIÓN DO GLOBO


1. Comezamos copiando e cortando os oito cuarteiróns que conforman o globo no papel kraft.



2. O seguinte paso foi a decoración de cada un destes cuarteiróns de papel con rotuladores e ceras de cores.



3. Uníronse os cuarteiróns con cinta de carroceiro e construíuse o aro que forma a boca do globo con vimbio unido tamén con cinta de carroceiro. A cesta onde se produce a combustión do papel que quenta o aire elaborouse con rede metálica e uniuse ao aro da boca con arame metálico.





4. Finalmente cosemos a boca do globo. 



LANZAMENTO DO GLOBO




Aquí podedes ver o vídeo de como empezou a voar


Ceo da semana do 16 ao 20 de decembro

Esta semana por problemas técnicos coa cámara de fotos quedounos algún día sen poder fotografiar,pero ainda así puidemos comprobar que as prediccións de Meteofonsa estanse cumprindo. Podedes ver o resto ds fotos facendo click AQUI


viernes, 13 de diciembre de 2013

O ceo da semana do 9 ao 13 de decembro

A segunda semana de decembro deixounos días soleados no principio da semana e mais cubertos cara ó final. As prediccións do mapa foron bastante acertadas. Podedes ver todas as fotos facendo click AQUI




jueves, 5 de diciembre de 2013

Meteofotos e predicción metereolóxica

Este curso imos intentatr facer unha predicción do tempo, ainda que as veces nos leven as ansias de neve e non sexa de todo fiable.
COlocamos uns mapas de A Fonsagrada nun taboleiro á entrada do Instituto e neles cada día poñemos as nosas prediccións baseadas nas medicións da estación metereolóxica.
Para apoiar estas prediccións as duas alumnas moi especiais de 1º da ESO van facendo unha foto cada dñía do cestado do ceo e das prediccións dos  mapas.
Aqui tedes as da primeira semana.Para velas facede click AQUI