miércoles, 26 de junio de 2013

6 meses de ceo

A nosa querida alumna de 1º da ESO Alba, que é moi pero que moi especial, fixo un traballo espectacular durante 6 meses. Axudada por Irene, de 4º da ESO fotografiaron cada día o ceo.
E aquí tedes o resultado. Realmente impresionante!!

martes, 11 de junio de 2013

Curiosidades metereolóxicas II

Seguimos curioseando...¿Sabedes o que é o raio verde?
 É moi facil de observar en latitudes tropicais e en horizontes moi planos, como pode ser a superficie do mar.
Prodúcese á saída ou á posta do sol e aparece como un flash verde por riba do sol que dura só uns instantes.
Está causado pola refracción da luz da atmósfera. A atmósfera superpón os colores e segundo o sol se vai ocultando polo horizonte o vermello,o laranxa e o amarelo da parte superior do sol can desaparecendo pouco a pouco e un a un. O verde permanece él só durante uns segundos mais.
Aquí tedes unah foto do raio verde.


Mar de néboa en Tenerife

Os alumnos de 4º da E.S.O. fixeron unha excursión didáctica de fin de curso a Tenerife. O día que visitaron o Teide a guía explicoulles o fenómeno metereolóxico que producía o mar de néboa,que non era outro que a existencia dos ventos alíseos.
Os nenos puideron comprobar que non só nos vales da comarca da Fonsagrada se produce este mar de néboa.


Curiosidades metereolóxicas I

¿Sabes o que son as ondas de montaña lenticularis?Pois é un fenómeno metereolóxico que se produce cando se dan unhas condicións favorables para el.
As ondas de montaña lenticularis son nubes que se forman en zonas de cadeas montañosas cando o vento é moi intenso e ademáis é constante en intensidade e dirección.
Aquí tedes unha foto delas